SEGUNDA PARADA:
Despois desta larga tempada sen actualizar, hoxe voltamos, en “A medio Camiño”, facendo unha parada en Cabo Silleiro, a 5 Km de Baiona, a medio camiño entre A Guarda e Vigo. Neste entrante do mar, co seu reinante faro, ademais dunhas marabillosas vistas, podemos atopar unha peculiares ruínas militares: A batería de canóns J4.
A historia deste misterioso lugar remóntase á Guerra Civil. Naquel tempo, o exército Franquista decidiu construír esta base militar para salvagardar o porto de Vigo. Dise que moitos republicanos foron castigados e torturados ata á morte.
As instalacións constan de catro bunkers con catro canóns (sellados por seguridade) que están comunicados mediante pasadizos subterranos. Ademáis existen un bunker de telemetría e outros edificios para as distintas competencias.
As características técnicas dos canóns son:
-Calibre 152,4 mm.
-Alcance: 21,600 m
-Velocidade: 915 m/s
-Peso aproximado do proxectil: 45 kg
-Cadencia de disparo: 4 disparos/minuto
-Peso do tubo: 8738 Kg
-Lonxitude do tubo: 7,86 m
Cóntanse diversas lendas sobre os numerosos túneles que comunican os distintos edificios e bunkers: Algúns dos militares dicían escoitar berros, e sons extranos de desesperación entre a escuridade da noite. Toda unha historia de terror.
Realmente, adentrase neste túneles é toda unha aventura e nalgún casos un risco que pode dar algo de medo segundo a persoa. Aconsellamos que se alguén intenta percorrer estes pasadizos, que vaia con coidado por mor dos diversos cascallos, e que ademais leve unha lanterna xa que non hai luz.
Dende aquí nada máis.
¡Ata a próxima aventura!
Nunn & Oiuss
